Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Desafío Emprendedoras

Logotipo del promotor

Desafío

Influencia de xénero na mellora continua

Uso da perspectiva de xénero na identificación e resolución de problemas, detección de oportunidades de mellora utilizando os datos datos provenientes de diferentes fontes:

 

1 Industrial: Análise dos datos internos (medicións de productividade, polivalencia de postos e outros) con perspectiva de xénero.


2 Clientela: Análise dos datos do servizo de atención á clientela, onde se reciben, identifican e tratan os problemas que se detectan en produtos.

 

O obxectivo deste reto é tratar de identificar si existe algún patrón de xénero á hora de detectar e resolver problemas nos procesos industriais; determinando as diferencias, se as hai, respecto a como se enfrentan homes e mulleres ás accións de mellora continua en relación a procesos e produtos.

 

Cremos que as conclusións deste estudo permitirannos detectar oportunidades de mellora que se poderán implantar nos centros industriais de Grupo Nueva Pescanova.

 

 

Premio

1.000 € e unha visita guiada a un dos centros que o Grupo Nueva Pescanova ten en Galicia.

Entidades colaboradoras