Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Acto de entrega de premios da II Edición do Concurso Innovatia 8.3

Acto de entrega de premios da II Edición do Concurso Innovatia 8.3

 

O II Concurso Innovatia 8.3 cofinanciado polo Fondo Social Europeo, pretende fomentar o espírito empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico premiando aos mellores proxectos empresariais creados co apoio das universidades españolas e liderados por mulleres.

Ao igual que na I Edición, a convocatoria contempla dúas modalidades de premios: a de Empresa de Base Tecnolóxica, dotada de 10.000 € e asesoramento persoalizado durante seis meses por unha profesional referente no sector; e a de Empresa Startup, premiada con 7.000 € e, igualmente, asesoramento personalizado durante tres meses por unha profesional referente no sector.

Presentáronse un total de 43 empresas quedando como finalistas as seguintes:

Na categoría de Premio Empresa de Base Tecnolóxica:

• CARES, FAMILIA, INFANCIA Y ADOLESCENCIA SL-Universidad Miguel Hernández de Elche
• DBGen Ocular Genomics-Universidad de Barcelona
• 3D SURGICAL TECHNOLOGIES S.L.- Universidad Miguel Hernández de Elche

Na categoría de Premio Empresa Startup:

• Bounsel-Universidad Politécnica de Valencia
• pvDesign-Universidad Rey Juan Carlos
• Singularity Experts-Universidad Carlos III de Madrid

A continuación debatirase sobre Liderazgos Inspiradores, presentando os resultados do programa "Madrinanet", mediante o cal profesionais de recoñecida experiencia apoian proxectos empresariais liderados por mulleres.

Aproveitaremos a ocasión para realizar un recoñecemento ás universidades adheridas a Innovatia 8.3, e finalizaremos o evento celebrando un "Encontro de Financiación entre emprendedoras e inversoras".

Máis información e inscripcións en: http://premios.innovatia83.es/

Entidades colaboradoras