Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Adumbro

Artes gráficas e tecnoloxías da información

Adumbro
“A clave para superar as dificultades é que che apaixone o teu traballo”

Adumbro é unha empresa especializada en solucións de deseño gráfico e desenvolvemento web. O noso maior obxectivo é innovar na creatividade gráfica e no desenvolvemento de aplicacións web a medida.

A nosa filosofía de traballo fundaméntase na confianza e na colaboración constante coa nosa clientela para satisfacer as súas necesidades de comunicación visual.

En Adumbro somos conscientes da importancia de guiar e mimar a imaxe da nosa clientela. En Adumbro deseñamos para diferenciar.

Servizos

  • Deseño gráfico. Deseño de gráfica aplicada, maquetación editorial, publicidade gráfica, dípticos, trípticos, catálogos, cartelería, displays, muppies, bandeloras, valos, rotulación, sinalización, packaging, ...
  • Identidade corporativa. Deseño e creación de identidade corporativa, catálogo corporativo, logotivo, marca rexistrada...
  • Desenvolvemento web. Deseño web, aplicacións web a medida, XHTML, CSS, Sinatra, Ruby on Rails, Javascript, Ajax, MySQL, Web 2.0, usabilidade, rexistro de dominios, aloxamento web, presentacións multimedia, comercio electrónico...

Entidades colaboradoras