SI, TEÑO UNHA IDEA XENIAL
Aínda non sabes se vas a montar a túa propia empresa pero considérasche unha persoa capaz de levar a cabo todo aquilo que che propós. A palabra emprender vai moi directamente relacionada co teu carácter.
Cando falamos de creación de empresas, non hai que centrarse en aspectos meramente xurídicos ou formais. O punto de arranque é a Idea inicial. A partir de aí, empezaremos a traballar co noso proxecto de empresa seguindo a Metodoloxía Innovatia 8.3.
Unha idea non implica necesariamente unha oportunidade de negocio, e reflexionar detidamente se a idea de negocio inicial pode ofrecer unha solución ao mercado, é un factor crave na consecución do éxito empresarial.
Realizar unha análise de viabilidade pode ser un labor complexo e descompensado se o que se pretende conseguir é unha simple valoración previa dunha idea. Débense utilizar técnicas máis sinxelas para poder ter unha primeira valoración da idea.