Inbiogal
I+D, bioquímica, bioloxía molecular, biotecnoloxía e formación
Somos unha spin off da Universidade de Vigo cualificada como Inicitava Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunat de Galicia, Integrada por persoal Licenciado e Doutorado en Bioloxía, cunha amplia experiencia no ámbito da Bioquímica e da Xenética.
Queremos prover á sociedade dun centro, no que de modo rutineiro e fiable, leven a cabo análises xenéticas e bioquímicos.
Servizos
- Explotación de patentes xeradas polo equipo promotor.
- Cursos e Programas de Formación específicos no ámbito bioquímico e xenético.
- Asesoramento especializado no desenvolvemento, presentación e exposición de traballos académicos e de investigación, no eido da bioloxía e a biomedicina.
- Deseño de estudos e proxectos de investigación biolóxica, “á carta”, no ámbito da bioquímica e da bioloxía molecular.
- Prestación de asistencia e asesoramento, científico e técnico, en materia de bioquímica e xenéntica.
- Aplicación de técnicas bioquímicas para o estudo en mostras biolóxicas da expresión e variación de proteínas.
- Realización de estudos xenéticos, a partir de mostras biolóxicas, para a procura e análise de mutacións.
- Emprego de cultivos de liñas celulares para a realización de estudos de biotoxicidad.
- Aplicación de técnicas bioquímicas e de bioloxía molecular ao ámbito veterinario.