INNOVATIA 8.3
INNOVATIA 8.3 é unha proposta de intervención para elaborar e definir un ecosistema de xénero do emprendemento baseado na tecnoloxía e o coñecemento, nas universidades e centros de investigación, cuxo principal obxectivo é introducir a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e na creación de empresas.
Esta proposta está integrada no esforzo da Universidade de Santiago de Compostela para dar prioridade á transformación dos resultados da investigación en valor de mercado e aportación de coñecemento para o cambio de modelo económico en España, segundo a Estratexia Universidade 2015.
Con esta iniciativa dende Woman Emprende queremos sentar as bases dun espazo en equilibrio e sostible -en términos de igualdade-, no que as interaccións entre as persoas que conforman o servizo do emprendemento e as persoas usuarias teñen lugar en condicións axeitadas.
INNOVATIA 8.3 é un proxecto vivo, que nace no ano 2011 grazas á colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.
Fruto desta colaboración realízanse diversas ferramentas dirixidas a facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo diario do persoal técnico e directivo das Otris:
- Manual de Procedimientos. INNOVATIA 8.3. Cómo introducir la perspectiva de género en los procesos de transferencia de conocimiento y en la creación de empresas universitarias.
- Guía Emprende Igual: asesoramiento al emprendimiento femenino con enfoque de género. Destinada a servir de ferramenta para a aplicación da perspectiva de xénero no acompañamento a emprendedoras.
- Guía de Buenas Prácticas. Implantación do Modelo INNOVATIA 8.3
- Plan empresa con perspectiva de xénero. Emprender no marco da igualdade de oportunidades de mulleres e homes.
- Lenzo Lean Canvas con enfoque de xénero. Aliñando un modelo de negocio co avance da igualdade de mulleres e homes.