Que necesitas para emprender?
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa
O Goberno, para evitar posibles tensións de tesourería de autónomas e pequenas e medianas empresas, flexibiliza os aprazamentos do pago de impostos durante un período de seis meses, previa solicitude, con bonificación nos tipos de interese. Isto permitirá inxectar ata 14.000 millóns de euros de liquidez. En segundo lugar, disponse unha liña de financiamento específico a través do Instituto de Crédito Oficial por importe de 400 millóns de euros para atender as necesidades de liquidez das empresas e traballadores autónomos do sector turístico, así como das actividades relacionadas que se estean vendo afectadas pola actual situación. En terceiro termo, permítese que as empresas que recibiron préstamos da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa poidan aprazar o seu reembolso. En cuarto lugar, amplíanse as bonificacións á Seguridade Social para contratos fixos descontinuos que se realicen entre os meses de febreiro e xuño nos sectores de turismo, comercio e hostalería vinculados á actividade turística. Finalmente, solicitouse á Comisión Europea que permita ao coordinador de slots español, AECFA, non aplicar a regra que regula o uso de slots para as próximas tempadas. Esta exención permitiría que as compañías aéreas non se vexan penalizadas no futuro por reducir os seus voos nas actuais circunstancias.
flexibilidade nos aprazamentos dos impostos? créditos a empresas turísticas ou relacionadas?, bonificación nos contratos?, pero si non vendemos como imos pagar a luz, o arrendamento dos locais, as nominas dos empregados? Que máis da que me deixen pagar os impostos mais tarde senon teño cartos para iso, que pensan que cando todo pase a xente vai vir a correr a gastas os cartos para que poidamos pagar os atrasos e mais os impostos de ese trimestre?, e o resto das facturas?, porque o sector turístico si se ve afectado, iso non o discuto, pero o resto de comercios que non nos veñen a comprar porque a xente non quere sair da casa para non contaxiarse, ou os que gardan os cartos ata que todo pase, por si acaso hai que gastalos noutras cousas. A eses comercios que nos dan?, quen nos da crédito si en condicions normais os bancos so nos poñen trabas? Eses comercios estamos destinados a cerrar?
É moi importante que notifiquedes todo o que estades pasando nas vosas empresas á Secretaría Xeral da Igualdade: Aurora Patiño Doval aurora.patino.doval@xunta.gal 981 957689 Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade Secretaría Xeral da Igualdade
Desexas participar? Debes acceder coa túa conta de usuaria, ou se non a tes podes rexistrarte