Que necesitas para emprender?
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa
Slot mpo dana 10k saat ini adalah salah satu cara terbaik dari situs mpo slot gacor online hanya dengan modal 10k via deposit dana sudah bisa bermain di mpo gacor slot terpercaya satu ini. http://journals.nubip.edu.ua/files/journals/19/articles/16317/submission/original/16317-38508-2-SM.html
Bo día, quería saber se poderíamos acceder as Emega, somos unha S.L. constituída fai máis dun ano, somos 2 socias e ambas temos traballos por conta allea. ¿É excluinte o feito de non estar inscrita ningunha das socias como demandantes de emprego? Moitas grazas e anteman.
DODOSLOT merupakan situs slot gacor via DANA yang memiliki Bonus Slot terbesar di Indonesia, segera daftarkan ID kamu sekarang di Link yang kami berikan https://bit.ly/rtpslotgacor
DODOSLOT merupakan situs slot gacor via DANA yang memiliki Bonus Slot terbesar di Indonesia, segera daftarkan ID kamu sekarang di Link yang kami berikan di bawah ini >>>>>>> DAFTAR SEKARANG
Dan berkat pertumbuhan teknologi internet ketika ini, sudah membuat akibat positif untuk permainan judi menjadi lebih gampang di akses semua pemainnya. Saat ini, telah sangat tidak sedikit sekali jenis permainan slot yang ditawarkan di lokasi tinggal casino, bisa dinikmati oleh semua pecinta judi slot secara online. https://unews.tv/
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. O seu obxectivo é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres. O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo. A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, a través do programa operativo do FSE Galicia 2014-2020. Como novidade, nesta orde darase maior énfase as axudas da liña Activa, dirixida á reactivación e a consolidación de empresas a través de incentivos para a renovación, a ampliación ou o cambio de localización cos que paliar unha situación económica adversa, agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19. Desta forma, con estas axudas preténdese garantir a pervivencia das empresas no actual contexto derivado da pandemia. Por iso, se flexibilizan os criterios de acceso sen que se requira que o negocio teña máis de tres anos ademais de valorarse o emprego mantido neste período. Ademais da liña Activa, o programa Emega implementa outras tres liñas específicas: a ‘Emprende’, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; a ‘Innova’, para fomentar a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; e a ‘ITEF’, para promocionar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establecese a axuda complementaria ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas súas dúas modalidades: a destinada a promotoras e para persoas traballadoras por conta allea. Poderán ser beneficiarias das axudas as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans ‘Innova’ ou ‘Activa’ no período comprendido entre o 1 de agosto de 2019 e a data do fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que comeza mañá e prolongarase durante un mes. Contía das axudas A contía das axudas dependerá da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na ‘Emprende’ irán de 8.000 a 20.000 euros; na ‘Innova’, de 12.000 a 20.000; na ‘Activa’, de 6.000 a 15.000; e na ‘ITEF’, de 16.000 a 40.000. No caso das axudas complementarias da liña ‘Concilia’, os incentivos serán de 3.000 euros por empresa na modalidade Concilia-promotoras e dun máximo de 5.000 euros na de Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Resolvemos as dúbidas que teñas sobre a obriga de dar unha adecuada publicidade do carácter público do financiamento recibido
desde o luns 30 de marzo ata o xoves 9 de abril ambos inclusive: todas as traballadoras e traballadores de actividades non esenciais non terán que desprazarse aos seus centros de traballo Será un permiso retribuído recuperable: as persoas traballadoras continuarán recibindo o seu salario con normalidade cando termine a actual situación de emerxencia sanitaria recuperarán as horas de traballo non prestadas de maneira paulatina e espaciada no tempo.
As persoas traballadoras dos servizos esenciais deben desprazarse cun cerfificado de empresa. Fixemos un modelo para todas as que o precisedes. Enviamos este modelo por email. Solicitade a: eva.lopez@usc.es
Boas tardes; A actual crise sanitaria que estamos atravesando estanos afectando moito. Canceláronse todos os cursos presenciais, e non é que simplemente se postpoñan sinon que moitos deles xa non se van poder facer; esto é así porque os nosos clientes son as empresas, e os alumnos os traballadores de esas empresas, traballadores que en moitos casos van ser despedidos según me contan os meus clientes. No caso de que non deramos superado esta crise empresarialmente falando, e tiveramos que despedir a parte de plantilla, temporal ou definitivamente, entendo que deberíamos devolver a axuda Emega e as demáis que recibimos. Plantéxase algúnha ampliación de plazo para volver contratar?ou algúnha relaxación das medidas obligaciónde mantemento do nivel de contratación? Moitas gracias.
O Goberno, para evitar posibles tensións de tesourería de autónomas e pequenas e medianas empresas, flexibiliza os aprazamentos do pago de impostos durante un período de seis meses, previa solicitude, con bonificación nos tipos de interese. Isto permitirá inxectar ata 14.000 millóns de euros de liquidez. En segundo lugar, disponse unha liña de financiamento específico a través do Instituto de Crédito Oficial por importe de 400 millóns de euros para atender as necesidades de liquidez das empresas e traballadores autónomos do sector turístico, así como das actividades relacionadas que se estean vendo afectadas pola actual situación. En terceiro termo, permítese que as empresas que recibiron préstamos da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa poidan aprazar o seu reembolso. En cuarto lugar, amplíanse as bonificacións á Seguridade Social para contratos fixos descontinuos que se realicen entre os meses de febreiro e xuño nos sectores de turismo, comercio e hostalería vinculados á actividade turística. Finalmente, solicitouse á Comisión Europea que permita ao coordinador de slots español, AECFA, non aplicar a regra que regula o uso de slots para as próximas tempadas. Esta exención permitiría que as compañías aéreas non se vexan penalizadas no futuro por reducir os seus voos nas actuais circunstancias.
Bo día, notificade cada unha das vosas circunstancias empresariais por email á seguinte dirección: Aurora Patiño Doval aurora.patino.doval@xunta.gal 981 957689 Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade Secretaría Xeral da Igualdade
1. Moratoria no pago de hipotecas: A moratoria hipotecaria beneficiará ás persoas traballadoras que vexan reducidos os seus ingresos ou se vaian ao paro pola emerxencia sanitaria. É necesario que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego ou, se é empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída importante das súas vendas, así como que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere, no mes anterior á solicitude da moratoria, uns límites que, en liñas xerais serían en principio, e á espera da súa publicación no BOE, os seguintes: O límite de tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples anual de catorce pagas ( Iprem). Con todo, incrementaríase en 0,1 veces o Iprem por cada fillo a cargo na unidade familiar e de 0,15 por cada fillo no caso de unidade familiar monoparental. Por cada maior de 65 anos membro da unidade familiar, aumentarase en 0,1 veces o Iprem. O límite será de catro veces o Iprem se algún dos membros da unidade familiar ten declarada discapacidade superior ao 33%, situación de dependencia ou enfermidade que lle incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral. Límite de cinco veces o Iprem cando o debedor hipotecario sufra parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33%, ou persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65%, así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral. Outros supostos que se contemplan son que a cota hipotecaria, máis os gastos e subministracións básicos, sexa igual ou superior ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar, e que, como consecuencia da emerxencia sanitaria, sufrise unha alteración significativa das súas circunstancias económicas en termos de esforzo de acceso á vivenda: que o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar multiplicouse por polo menos 1,3, e que se produciu unha caída substancial das vendas cando esta caída sexa polo menos do 40%.4 Inclúese como colectivo vulnerable por unidade familiar a composta polo debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na vivenda. 2. As persoas afectadas por un ERTE cobrarán o paro sen consumir os seus dereitos de prestación Todos os ERTE (expedientes de regulación de emprego temporais) provocados pola situación de emerxencia sanitaria serán moito máis áxiles para que os traballadores afectados poidan cobrar paro sen consumir os seus dereitos xerados de prestación por desemprego (é o que se coñece como contador cero) e simplifícanse os requisitos para a presentación dun ERTE. Ademais, axilízanse tamén os ERTE que se presenten por outros motivos, non de causa maior, pero relacionados co coronavirus: terán un período máximo de negociación de 7 días, en lugar de 15. Os traballadores sen o mínimo cotizado tamén poderán cobrar o paro. Ás empresas que apliquen este tipo de ERTE exonéraselles do pago de cotas á Seguridade Social. 3. Medidas de protección por desemprego O decreto tamén recolle beneficios específicos para os traballadores fixos descontinuos, a tempo parcial e cooperativistas en materia de prestacións por desemprego e a prórroga automática das prestacións. 4. Reduciranse os requisitos para acceder ao paro dos autónomos O Goberno flexibilizará o acceso ao denominado “paro dos autónomos”, a prestación por cesamento de actividade, afectados pola crise sanitaria. A cobranza da prestación será compatible coa exoneración das cotas á Seguridade Social e coa aprobación de ERTE no caso de que se trate de autónomos con asalariados. 5. Avais públicos por importe de 100.000 millóns Créase unha liña de avais públicos de 100.000 millóns de euros. Desta forma, as empresas poderán solicitar créditos á banca privada contando co aval do Estado. É unha medida diferente á dos 200 millóns de euros en créditos públicos, concedidos a través do ICO e aprobados a semana pasada. 6. Teletraballo: axudas e máis facilidades O Ministerio de Traballo reducirá as esixencias en materia de riscos laborais ás empresas que o implanten. Ábrese unha partida económica de axudas ás pequenas e medianas empresas, axudas á dixitalización, para contribuír nos recursos que lles fagan falta para implantalo. 7. Protección ás familias Prohibirase o corte subministracións básicos como auga, luz e gas aos colectivos e familias vulnerables. O novo plan de medidas completa as xa aprobadas polo Goberno entre as que se inclúen: O aprazamento de débedas tributarias para pemes e empresas e que permite, a aquelas persoas ou entidades con operacións inferiores aos seis millóns de euros, , aprazar seis meses pagos por importe de ata 30.000 euros. Os conceptos que se benefician desta medida son: Pagos pendentes de retencións de IRP, IVE/IVE e Impostos de Sociedades. Así, permítese o aprazamento do IVE/IVE e as retencións do IRP (a empregados e profesionais) correspondentes a febreiro, marzo e abril de 2020 e o pago fraccionado do Imposto de Sociedades que se devindica o próximo 20 de abril.
Empresarias e traballadoras non atopan respostas claras a moitas das súas dúbidas. Que son os ERTEs? O teletraballo é agora obrigatorio? É posible negarse a ir ao posto de traballo nesta situación excepcional? Que é un ERTE? Un ERTE é un Expediente de Regulación Temporal de Emprego, é un ERE temporal: a suspensión dos contratos por un tempo limitado, aínda que tamén se pode traducir nunha redución da xornada por horas, días, etc. Regúlao o artigo 47 do Estatuto das/os Traballadoras/es. É un procedemento complexo e controlado pola Inspección do Traballo e require o asesoramento de persoas expertas. O Goberno pretende, no Consello de Ministros do 17 de marzo, autorizar un novo plan económico que inclúa axilizar os ERE para amortecer as consecuencias negativas do coronavirus na economía. Tipos de ERE. Hai tres: De despedimento colectivo. Suspensión de contrato. De redución de xornada. En cada un dos casos os efectos son distintos polo que a empregadora debe informarse dos posibles efectos de cada un. A partir de cantas persoas traballadoras pode unha empresa realizar un ERTE? Débese incoar un ERE por despedimento colectivo cando: supera as dez persoas traballadoras nas empresas con menos de 100 persoas empregadas; o 10% do número de persoas traballadoras da empresa naquelas que ocupen entre 100 e 300 persoas traballadoras; e 30 persoas traballadoras nas empresas con máis de 300 en persoal. Os ERTES de suspensión e redución de xornada non teñen un número mínimo de persoas traballadoras afectadas. Canto dura un ERTE? A lei non establece un prazo mínimo. A empresa debe informar se sospeita ou coñece algún contaxio no centro de traballo? Si, e debe facelo canto antes poñéndose en contacto coas autoridades sanitarias. Pode unha persoa traballadora negarse a ir ao posto de traballo por medo ou risco ao contaxio? Acudir ou non ao centro de traballo sempre debe ser acordado previamente coa empresa, pero a persoa empregada, en principio, non pode negarse. A empresa pode obrigar a coller vacacións por esta crise? O Estatuto das Traballadoras/es (art.38) establece que as vacacións se determinarán por mutuo acordo entre empregadora e empregada e aínda que nalgúns casos a empresa decide unha parte das mesmas sempre debe notificalas con polo menos dous meses de antelación. O teletraballo pode ser obrigatorio? Non. As empresas non poden obrigar as persoas traballadoras para realizar as súas funcións desde casa, a condición de que non exista ningún acordo entre ambas as partes. Así mesmo, se unha empresa vese obrigada a pechar as súas instalacións e establece o teletraballo debido a esta circunstancia a traballadora podería negarse a iso. Quen debe facilitar o material para traballar en casa? A empresa é a responsable de facilitar as ferramentas e todo o material para que se poida desenvolver a actividade desde o fogar. Con todo, a persoa traballadora pode acordar este tipo de cuestións coa empresa e utilizar a súa propio material, por exemplo, o computador. Hai que fichar co teletraballo? Si, sempre polas vías ou mecanismos de control que establecese previamente a empresa coa traballadora. A empresa debe ter un plan de continxencia? As empresas españolas non están obrigadas a contar con este tipo de protocolos de actuación. Con todo, a maioría de persoas expertas en prevención de riscos cren que é moi positivo elaborar plans de continxencia que inclúan as directrices principais e as decisións da dirección: dan sensación de seguridade, de eficacia e unha mostra real de como contribuír a garantir a seguridade das persoas traballadoras. O plan de continxencia debe incluír aspectos como que empregadas que realizarán teletraballo, descrición da reorganización de quendas, distribución dos mandos ou calendario de celebración de videoconferencias.
Expón as túas preguntas sobre como utilizar correctamente unha linguaxe non sexista
Desexas participar? Debes acceder coa túa conta de usuaria, ou se non a tes podes rexistrarte