Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Que necesitas para emprender?

  1. Tes unha idea?

    Desenvolviches unha idea que podería converterse nun negocio pero descoñeces por onde empezar

  2. É viable?

    Comprobamos a viabilidade da idea para ver se esta ten o potencial e pode converterse nunha empresa

  3. Plan de empresa

    O plan de empresa é un documento que recolle os aspectos que necesitas coñecer para iniciar o teu proxecto

  4. Posta en marcha

    Indicámosche que factores debes ter en conta, cales son os trámites necesarios ou que forma xurídica podes adoptar

Plan... de Empresa

O Plan de Empresa resultante tras aplicar a Metodoloxía INNOVATIA 8.3 é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira da mesma, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para convertir a citada oportunidade de negocio nun proxecto empresarial concreto.

É unha ferramenta imprescindible cando se quere poñer en marcha un proxecto empresarial, sexa cal for a experiencia profesional da persoa promotora ou promotoras e a dimensión do proxecto.

Mesmo para empresas xa establecidas, un Plan de Empresa ben deseñado debe ser a base sobre a que se levanten proxectos de crecemento ou diversificación da actividade principal. O seu obxectivo é dobre; por unha banda levar a cabo un un exhaustivo estudo de todas as variables que puidesen afectar á devandita oportunidade, achegándolle a información necesaria para determinar con bastante certeza a viabilidade do proxecto e ser a carta de presentación das persoas emprendedoras e do proxecto ante terceiras persoas: bancos, inversores e inversoras institucionais e privadas, sociedades de capital risco, organismos públicos e outros axentes implicados á hora de solicitar calquera tipo de colaboración e apoio financeiro.

O Plan de Empresa está orientado ao estudo de mercado e plan comercial. Unha boa idea non basta con selo, senón que debe chegar ao seu público obxectivo.

Entidades colaboradoras