Posta en marcha
Indicámosche que factores debes ter en conta, cales son os trámites necesarios ou que forma xurídica podes adoptar.
Á hora de poñer en marcha un proxecto son diversos os factores que debemos ter en conta, tales como: a forma xurídica, os trámites para a constitución, etc, para o que o IGAPE, ofrece unha serie de servizos como son manuais prácticos de xestión para persoas emprendedoras, ou as fichas informativas que podedes consultar a través das seguintes ligazóns:
- Formas xurídicas
As fichas informativas amosan as distintas formas xurídicas ás que poden optar as persoas emprendedoras no momento de constituir a empresa. - Trámites xerais de constitución da empresa
Contidos e aspectos relacionados coa posta en marcha da empresa. - Como atraer a persoal inversor
Describe o proceso para captar capital de persoal inversor privado (business angels e Sociedades de Capital Risco), indicando que son, como se contacta, que valoran e que demandan. - Atraer e fidelizar clientela
Aporta información sobre aspectos básicos da xestión da clientela, como captala e fidelizala. - Como presentar un proxecto en público
Describe os principais elementos que forman parte da presentación dun proxecto, fases, técnicas, instrumentos e recursos