Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

V Encontro de Emprendedoras do Programa Emega: Mulleres que transforman Galicia

V Encontro de Emprendedoras do Programa Emega: Mulleres que transforman Galicia

O Programa de Axudas Emega, da Secretaría Xeral da Igualdade (Consellería de Emprego e Igualdade), ten como finalidade promover a actividade empresarial das mulleres. Este programa vén desenvolvéndose con éxito, para dar apoio económico ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

Este V encontro ten como obxectivo reunir a varias edicións de mulleres beneficiarias das axudas do programa que emprenderon en diferentes sectores, creando tecido empresarial galego, inspirando a outras e liderando empresas que se están consolidando no tempo.

12 DEC: Encontro presencial e Feira Expositiva
13 e 16 DEC: 
Formación gratuita (online, por zoom)

Para poder participar debes inscribirte á feira e á formación. Podes seguir a retransmisión en directo do encontro a través da nosa canle en Youtube.

Entidades colaboradoras