Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Nova convocatoria do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino

Nova convocatoria do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino

Hoxe, luns 14 de xullo de 2025 publicase no DOG a orde de Axudas EMEGA 2025 da Xunta de Galicia, que convoca cada ano a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade (prazo dun mes para solicitalas (14 de xullo-14 de agosto)).

Entre as diferentes modalidades que hai, este ano ponse o foco en apoiar proxectos no rural, a mulleres de máis de 55 anos e en sectores masculinizados. E, como non, seguir apoiando proxectos de empresas innovadoras de nova creación promovidas por mulleres. Esa será o caso da modalidade EMEGA INNOVA, que é especialmente interesante para proxectos con base tecnolóxica ou investigadora, polo que pode encaixar co perfil de empresas creadas en contornas universitarios e centros tecnolóxicos.

Para calquera aclaración, non dubidedes en contactar connosco ou coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade no teléfono 981 95 76 91 ou no email igualdade@xunta.gal.

Entidades colaboradoras