V Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Circular, Economía para a cidadanía
O Concello de Santiago e a Universidade, colaboran e impulsan unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela. Esta V edición lévase a cabo no marco dos principios da Axenda Urbana 2030 e céntrase no debate sobre un modelo económico pensado por e para as persoas.
Contamos cunha ampla programación dirixida a: centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade e á cidadanía en xeral.
25 / 26 OUTUBRO _ Facultade Económicas e Empresariais da USC.
- Encontro Universidade - Empresas sobre Economía Circular: Colaboran, para a organización deste encontro, o Grupo de Traballo de Economía Circular WAS (Woman Action Sustainability). Teremos a oportunidade de analizar con persoas expertas na materia e con responsables de grandes entidades como: Alcampo, Saica Natur, Grupo Sener, Zara, Acciona, Repsol, L’Oreal , Clic Recycle..., como estas empresas van mudando os seus modelos de negocio para afrontar os retos que supón traballar dentro dun modelo de Economía Circular.
+ info - Lanzamento de RETOS ao alumnado universitario: Os alumnos e alumnas poden inscribirse, de forma gratuíta e ata o día 23 de outubro, nos RETOS de Economía Circular propostos. Poderán concursar de xeito individual ou en grupos e non teñen que pertencer á mesma facultade. O día 26 de outubro entregaranse os premios aos alumnos/as gañadores/as dos RETOS: 700 € e 300 €.
Inscrición
27 OUTUBRO _ Centro Sociocultural O Ensanche, Santiago de Compostela
- Feira expositiva de produtos baseados nun modelo de Economía Circular.
- Mesas de debate entorno ás “R” da Economía Circular.
- Talleres gratuítos de creación de servizos e produtos de deseño dentro dun modelo de Economía Circular.
Inscrición
Entrada libre ao público. + info
SORTEO dunha peza de deseño exclusivo entre os/as asistentes á feira.
NOTA: o día 27 retransmitiremos en directo, por streaming, a través da canle de YouTube de Woman Emprende