RESOLUCIÓN das solicitudes das axudas do programa Emega 2024
O 4 de decembro de 2024, saíu publicada no DOG a resolución da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI429A).
De acordo co establecido no artigo 21.1 das bases reguladoras a data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 16 de decembro de 2024. Dentro do dito prazo, as beneficiarias deberán presentar a documentación que se relaciona no punto 2 do mesmo artigo a través da carpeta da cidadanía da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Temos un evento informativo online, xunto coas compañeiras da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Promoción da Igualdade) para resolver todas as dúbidas de cara a presentar correctamente a documentación: prazos, anexos, incompatibilidades, carteis…
- Día: luns, día 9 de decembro
- Hora: 11:00 h
- Lugar: online
- Enlace: Conectarse ao evento
Podes consultar o DOG coa resolución.
Disporemos dun chat para que fagades todas as preguntas que consideredes oportunas.
Vémonos virtualmente xoves, día 9 de decembro, ás 11:00 h!