Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.

Nesta VI edición amosaremos un modelo de desenvolvemento que pon a economía ao servizo do ser humano e non ao revés.

24 / 25 / 26 SETEMBRO (16:30 – 17:30 h)
Formación ONLINE e GRATUÍTA, sobre Economía Feminista e Economía do Coidado.

  • 24 SET: "Achegas da economía feminista: Traballo, usos do tempo e coidados"
    Eva María Aguayo Lorenzo
    Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX)
  • 25 SET: "A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na administración"
    María Luz Loureiro García
    ECOBAS (Economics and Business Administration for Society)
  • 26 SET: "Analizando a economía circular dende o prisma da economía feminista. Sustentabilidade e coidados"
    Bibiana Martínez Álvarez
    Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Inscríbete e reserva a túa praza

27 SETEMBRO (10:00 – 18:00 h)
Feira expositiva, obradoiro e mesas de debate.
ENTRADA LIBRE ao público.

  • Lugar: Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Praza de Salvador Parga 4 – Santiago de Compostela.

Sigue a retransmisión en directo por streaming

Entidades colaboradoras