RESOLUCIÓN das solicitudes das axudas do programa Emega
O 7 de novembro de 2023, saíu publicada no DOG a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, convocadas mediante a Resolución do 27 de xuño de 2023, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI429A).
De acordo co establecido no artigo 21.1 das bases reguladoras a data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 17 de novembro de 2023. Dentro do dito prazo, as beneficiarias deberán presentar a documentación que se relaciona no punto 2 do mesmo artigo a través da carpeta da cidadanía da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Temos un evento infomativo online, xunto coas compañeiras da Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Secretaría Xeral da Igualdade) para resolver todas as dúbidas de cara a presentar correctamente a documentación: prazos, anexos, incompatibilidades, carteis…
- Día: xoves, día 9 de novembro
- Hora: 10:00 h
- Lugar: online
- Enlace: Conectarse ao evento
Achegamos o programa de Presentación do Programa Emega 2023.
Achegamos tamén o programa deste acto infomativo online.
Disporemos dun chat para que fagades todas as preguntas que consideredes oportunas.
Vémonos virtualmente xoves, día 9 de novembro, ás 10:00 h!