Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Emega

Pregunta

Anexos

Importante: asinar a documentación.

a) Anexo V: solicitude de pago.

b) Anexo III: declaración de axudas actualizada. As comunidades de bens e as sociedades civís deben presentar a declaración de axudas da empresa e unha por cada promotora.

c) No seu caso, anexo VI: relación das traballadoras por conta allea que ocupan os postos tidos en conta para a determinación da contía da axuda.

Dita relación deberá vir acompañada da seguinte documentación:

c.1) Documentos de alta no correspondente réxime da Seguridade Social (resolución sobre recoñecemento de alta) e dos correspondentes contratos de traballo.

c.2) No caso de que se tivo en conta na valoración da solicitude, documentación acreditativa da concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 17.1.3 desta resolución.

d) No caso de contar con traballadoras por conta allea, copia da inscrición da empresa na Seguridade Social (resolución de inscrición do empresario no sistema de Seguridade Social).

e) Liña Innova: un breve currículo da traballadora que ocupe o posto obrigatorio, no caso de non achegalo xunto coa solicitude.

f) Liña Activa: informe de vida laboral actualizado de todos os códigos de cotización da empresa.

g) Liña ITEF: no seu caso, e de non achegalo xunto coa solicitude, un breve currículo das persoas traballadoras por conta allea con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía basee da iniciativa empresarial.

h) De ter concedida a axuda Concilia-persoas traballadoras por conta allea na modalidade prevista no artigo 10.3.a), no caso de non presentalo con anterioridade, copia do acordo ou pacto de conciliación.

i) De ter concedida a axuda Concilia-persoas traballadoras por conta allea na modalidade prevista no artigo 10.3. b), no caso de non presentalo con anterioridade, copia dos acordos de teletraballo.

j) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, fotocopias, captura de pantallas...) do cumprimento das obrigacións de información e publicidade do financiamento público da actividade subvencionada, segundo o establecido no artigo 23.8 desta resolución.

Modelo de cartel en A3 apaisado: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/si429a-modelo-de-cartel-programa-emega-2020 Ten que estar colocado no posto de traballo, na web, redes sociais e lugares onde se represente a actividade da empresa.

k) Follas individualizadas de recollida de datos de todas as promotoras e traballadoras por conta allea tidas en conta para a concesión da axuda.

Nesta fase, achegaranse as follas individualizadas dos indicadores de produtividade, cuxos datos deben referirse á situación previa ao comezo da actividade laboral na empresa beneficiaria.

 

Entidades colaboradoras