Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Emega

Pregunta

As axudas EMEGA son compatibles con outras axudas?

As subvencións establecidas nesta resolución para as liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF son incompatibles entre si, e dentro de cada liña soamente poderán ser beneficiarias dun único incentivo. Estes incentivos son compatibles coa axuda complementaria Concilia prevista nesta resolución.

Así mesmo, as axudas do programa Emega son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas de emprego e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como con outras axudas que para a mesma finalidade e concepto poidan outorgar outros departamentos da Xunta de Galicia ou outras administracións públicas.

Tamén son incompatibles coas subvencións á contratación por conta allea convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, outros departamentos da Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública, agás que xa finalizase o período de mantemento do emprego esixido na correspondente convocatoria. No seu caso, a contratación subvencionada a través de incentivos á contratación por conta allea non se poderá ter en conta para os efectos deste programa Emega.

Entidades colaboradoras