Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

IV Feira de Emprendedoras de Compostela: o sector artístico e cultural

IV Feira de Emprendedoras de Compostela: o sector artístico e cultural

O Concello e a Universidade de Santiago promoven unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, este ano dedicada á cultura e ao sector artístico. A programación desta feira das emprendedoras de Compostela e as universitarias da USC consta das seguintes actividades:

  • 26 – 29 setembro, no Teatro Principal (17:00 – 20:30 h)
    Formación gratuíta para universitarias
    da USC con inquedanzas por descubrirse, a través das técnicas teatrais, a si mesmas, as súas habilidades, os seus soños, e medrar como persoas e futuras profesionais.

    Inscríbete utilizando o noso formulario de inscrición

  • 30 de setembro, no Teatro Principal (10:00 – 20:30 h)
    Aberto ao público xeral e con entrada gratuíta
    Feira Expositiva de marcas do eido cultural e artístico de Compostela.
    Mesas de debate e diálogo entre referentes dos distintos sectores, emerxentes e estudantes da USC que en breve deben afrontar a súa etapa laboral.

Entidades colaboradoras