Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Convocatoria das axudas Emega 2026

Convocatoria das axudas Emega 2026

A Xunta de Galicia publicou a convocatoria das axudas Emega 2026, dirixidas a fomentar o emprendemento feminino en Galicia. Trátase dun programa destinado a apoiar a posta en marcha, a consolidación, a reactivación e a innovación de iniciativas empresariais promovidas por mulleres, así como a favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

O programa abrangue catro modalidades de axuda: Emega Emerge, para novas iniciativas empresariais; Emega Impulsa, para a reactivación e mellora de empresas xa constituídas; Emega Innova, para proxectos de carácter innovador con contido científico ou tecnolóxico; e Emega Concilia, como apoio complementario para facilitar a conciliación.

As axudas están cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do FSE Galicia 2021-2027 e contan cun crédito inicial de 4.944.660 euros. Poderán beneficiarse microempresas e pequenas empresas constituídas por mulleres que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, incluíndo domicilio social e fiscal en Galicia e viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG, e a tramitación debe realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede da Xunta de Galicia.

Entidades colaboradoras