VII Feira de Emprendedoras de Compostela: Un modelo económico arredor dunha vida saudábel
26 SETEMBRO (10:00 – 18:00 h), na Aula Magna da Facultade de Química da USC.
O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.
Nesta VII edición:
- Amosaremos ferramentas de prevención nas que están traballando día a día as persoas expertas nas diferentes áreas da saúde, a prevención e o benestar. Coñéceas de primeira man!
- Coñeceremos, da man de profesionais de cada materia, ferramentas de vida saudábel e prevención que temos ao noso alcance.
- Escoitaremos experiencias de vida, de xiros vitais para acadar unha vida mais humana.
- Focalizaremos en como os coidados empezan por protexer os océanos e as súas criaturas (con @rogeliosantosqueiruga), a terra e as nosas hortas (con @nuskachousa e @hortasan_benestar), a saúde mental (con diferentes profesionais da psicoloxía e psiquiatría) e ás persoas mais vulnerables.
A VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela ten como obxectivo: repensar a economía desde unha perspectiva que pon o foco na saúde e o benestar das persoas. Nesta edición, exploraremos como construír a un modelo económico sostible que xire arredor dunha vida saudábel, poñendo no centro ás persoas e a súa calidade de vida.
ENTRADA LIBRE ao público.
- 26 SETEMBRO (10:00 – 18:00 h)
- Na Aula Magna da Facultade de Química da USC
E se non podes asistir presencialmente: sigue a retransmisión en directo por streaming