Acto de presentación e información do Programa de Axudas Emega 2025
A Dirección Xeral de Promoción da Igualdade organiza o acto informativo do Programa de Axudas Emega 2025, unha nova edición desta iniciativa destinada a apoiar e fortalecer o emprendemento feminino en Galicia. Estas axudas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, ofrecen respaldo económico, asesoramento e servizos de conciliación para impulsar proxectos empresariais liderados por mulleres.
O evento, que se desenvolverá en formato virtual, marca o lanzamento do servizo de información, asesoramento e orientación dirixido ás mulleres emprendedoras beneficiarias do programa. A retransmisión poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela.
Acceso ao evento en directo
Acto de presentación na nosa canle de Youtube
Sobre o Programa Emega
O Programa Emega promove a creación, consolidación e mellora de iniciativas empresariais lideradas por mulleres en Galicia, dando apoio a través de diferentes liñas específicas:
- Emega Emerxe · Novas iniciativas empresariais
- Emega Impulsa · Reactivación ou mellora de proxectos existentes
- Emega Innova · Propostas innovadoras
- Emega Concilia · Medidas complementarias para favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral
As persoas beneficiarias tamén poderán acceder ao servizo especializado do Programa Woman Emprende da USC, que ofrecerá acompañamento, titorización e apoio ao desenvolvemento empresarial.
Convocatoria do acto
-
Data: Xoves, 20 de novembro de 2025
-
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
-
Modalidade: Online – YouTube Woman Emprende
IMPORTANTE
As persoas beneficiarias deberán presentar toda a documentación requirida antes do 28 de novembro de 2025, data límite establecida na convocatoria.