26 SETEMBRO 10:00 – 19:00 h Praza da Quintana – Santiago
FEIRA ⃒ OBRADOIROS ⃒ DJ ⃒ ZONA GASTRO ⃒ MESAS REDONDA
A VIII Feira das Emprendedoras de Compostela nace coa vontade de recoñecer, visibilizar e proxectar o traballo desenvolvido durante dúas décadas por mulleres emprendedoras vencelladas á USC e ao territorio compostelán, así como de poñer en valor a alianza estratéxica entre universidade e administración local como motor dun ecosistema emprendedor feminista, sostible e innovador.
A feira adopta un carácter transversal e multisectorial, integrando proxectos dos ámbitos artesanal, cultural, universitario, social, circular, dos coidados, da saúde, tecnolóxico e dixital, nun exercicio de síntese que reflicte a diversidade, madurez e impacto do emprendemento feminino en Compostela.
20 ANOS WOMAN EMPRENDE
Hai vinte anos, a Universidade de Santiago de Compostela incorporou a perspectiva de xénero ao seu ecosistema emprendedor a través de Woman Emprende, un programa pioneiro creado para acompañar, asesorar e visibilizar as mulleres que decidiron converter as súas ideas en proxectos empresariais.
A VIII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela quere recoñecer ese camiño e dar voz ás mulleres que o fixeron posible. É tamén unha ocasión para celebrar a forza colectiva dun traxecto compartido, poñer en valor os aprendizaxes acumulados e seguir tecendo redes entre emprendedoras, institucións e cidadanía. Porque detrás de cada proxecto hai unha historia de esforzo, creatividade e compromiso, e porque emprender con perspectiva feminista é tamén construír unha sociedade máis innovadora, máis igualitaria e máis sostible.
Acompáñasnos a celebrar os 20 anos de Woman Emprende?