Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Feira de Primavera de Emprendedoras de Lugo: Artesanía Innovadora no Rural

Feira de Primavera de Emprendedoras de Lugo: Artesanía Innovadora no Rural

O Campus de Especialización Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela organiza a V edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano leva por título “Artesanía e Innovación no Rural”. Esta iniciativa consolídase como un espazo de encontro e colaboración entre persoas emprendedoras, creadoras, investigadoras e profesionais comprometidas co desenvolvemento sostible e o progreso do rural galego.

Tras o éxito das edicións anteriores —centradas na economía verde e circular, a innovación no rural e os sabores con raíz—, a feira de 2026 pon o foco na artesanía como motor de innovación e identificación cultural, integrando as dimensións de I+D+i, igualdade de oportunidades e valorización das producións locais.

A actividade contará coa participación de artesás e artesáns da provincia de Lugo, así como de entidades, proxectos e administracións vinculadas á promoción da artesanía galega e á transferencia de coñecemento entre o ámbito universitario e o tecido produtivo local.

Obxectivos

  • Visibilizar o talento creativo das persoas emprendedoras do rural galego.
  • Potenciar o diálogo entre artesanía tradicional e innovación tecnolóxica.
  • Fomentar a colaboración entre o ámbito académico, o sector produtivo e a artesanía.
  • Promover a igualdade de xénero e o emprendemento feminino en sectores emerxentes.

Convocatoria

  • Lugar: Praza Maior, Lugo
  • Data: 30 de maio de 2026
  • Horario: 10:00-18:30 h

Entidades colaboradoras