Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

XVII Concurso de Ideas Empresarias Innovadoras da USC - Campus de Emprendemento

XVII Concurso de Ideas Empresarias Innovadoras da USC - Campus de Emprendemento

Este concurso, que vai dirixido a toda a comunidade universitaria e a todas as áreas de coñecemento da USC, ten por obxecto premiar a aquelas persoas emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.


O Concurso culminará os días 27 e 28 de novembro na Feira da Innovación da USC onde se darán a coñecer as ideas premiadas.


O prazo para presentarse a esta XVII edición na que se outorgarán 5 premios de 500 € cada un, finaliza o 15 de novembro.


Co obxectivo de promover o emprendemento e axudar a conformar as ideas que se presenten á XVII edición do Concurso, celebraranse na USC os Campus de Emprendemento:


CAMPUS NORTE, días 23 e 30 de outubro, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
CAMPUS TERRA, día 23 de outubro na Facultade de Administración e Dirección de Empresas
CAMPUS VIDA, día 24 de outubro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría


Trátase de sesións dirixidas a animar a emprender con sentido común, usando como exemplos a traxectoria de mozas e mozos emprendedores, visibilizando casos de éxito e tamén de fracaso.

 

Máis información e inscrición:


Bases XVII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Formulario de inscrición

 

Tel. 900 100 981 (Campus de Santiago)  

Tel. 982 822 854 (Campus de Lugo)

Entidades colaboradoras